II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago

1

Compostela, 7 de maio do 2019 – O Ateneo de Santiago organiza a penúltima sesión do ciclo Cinema e educación co cal se pretende mostrar como o cine se ten enfrontado a diferentes aspectos da realidade educativa en Europa, dende os anos trinta do século pasado ata os primeiros deste século XXI.

Cinema e educación céntrase esta tarde no sistema educativo español do século XX coa proxección da película de Pedro Almodóvar La mala educación (non recomendada para menores de 18 anos), onde se conta a historia de dous mozos, Ignacio e Enrique, que estudaron nun colexio relixioso a principios dos anos 60, sendo o seu director e profesor de literatura o Padre Manolo, co cal se reencontran nos anos 80, feito que marcará as súas vidas.

A sesión, de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, comezará ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, e estará presentada por Rafael Martínez Castro, Profesor de Filosofía e Antropoloxía da USC, quen tamén dirixirá o Faladoiro posterior.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial