II Foliada Airiños Galegos en Galegos, Frades

0

Frades, 8 de xuño do 2019 –  O campo da festa de Galegos (Frades) acolle este domingo a II Foliada Airiños Galegos, na que participarán catro grupos folclóricos de Frades e de Ordes.

A foliada está organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos, en colaboración co Concello de Frades, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e Gráficas Orzán.

A festa comezará ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada por Show Musical Alba, que dará paso a unha churrascada no campo da festa na que se agarda a participación dunhas trescentas persoas.

Foliada Airiños GalegosA partir das 16:00 horas terá lugar a foliada con dous grupos de Frades, Sarillo (Aiazo) e Pinga de Troula (Galegos), e dous de Ordes, asociación cultural de veciños de Leira e Os Viqueiras.

Unhas actuacións que rematarán cunha foliada libre e aberta a calquera persoa que desexe tocar. Ademais, durante a foliada haberá obradoiros especiais para os nenos e nenas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial