II San Silvestre Ordes. Corre e anda

0

Ordes, 20 de decembro do 2018 – O Concello de Ordes convida a todos e a todas a participar na II San Silvestre,  Corre e anda. Unha proba organizada conxuntamente co Club Atletismo Ordes, coa que se quere despedir o ano.

Concello e Club animan a poboación a participar e acudir disfrazados ou portando elementos do Nadal a esta San Silvestre, a proba máis tradicional de estas datas.

Poderá participar calquera persoa independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación nin resultado ningún. A proba terá lugar o vindeiro 30 de decembro ás 12 horas en Ordes. Tanto a chegada como a saída situaranse na rúa Entre Parques, onde deberán colocarse todas e todos os participantes antes do disparo de saída. O percorrido terá unha distancia aproximada de 3,7 quilómetros e estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

 O prazo para apuntarse xa está aberteo e rematará o 27 de decembro. Deberá facerse a través da páxina www.carreirasgalegas.com e será gratuíta. Cada un e unha dos inscritos doará alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene  a Cáritas ou ben xoguetes novos non sexistas nin belicosos. Ao remate da carreira haberá chocolate quente e rosca para as persoas participantes.

Máis información nas páxinas: www.ordes.gal e www.atletismo.gal

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial