III Congreso Marumasat

0

Bisbarra, 7 de febreiro do 2019 – A vindeira semana celébrase a terceira edición da xornada científica Marumasat na que participan centros de Ordes e Compostela xunto cos de outros puntos de Galicia.

 O III Congreso Marumasat celebrarase no auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Oleiros (A Coruña). En ela participarán estudantes de seis centros públicos galegos: o IES Maruxa Mallo (Ordes), Miraflores (Oleiros), Marco do Camballón (Vila de Cruces), Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), Ferrol Vello e o CPI O Cruce (Cerceda). A escritora Marilar Aleixandre será a encargada de abrir este novo congreso.

Con esta iniciativa dáselle continuidade ao lanzamento das anteriores sondas estratosféricas MarumaSat I, II e III desde o IES Maruxa Mallo de Ordes. Nesta ocasión a fabricación da nova sonda estase a levar a cabo dende o IES Miraflores (Oleiros) e con ela preténdese bater unha nova marca de altitude ata alcanzar os 36.000 metros.

O traballo do alumnado empezará pola presentación das actas do anterior congreso. Os restantes relatorios abordarán un variado abano de temáticas que van desde a cetrería á ecuación de despegue da MarumaSat III, a súa placa Peltier, a proxección do espazo gravado sobre os mapas, o cálculo de visión no punto de máxima altura, o efecto das radiacións ultravioletas sobre as fabas enviadas na sonda do ano pasado, a análise das magnitudes atmosféricas, o vento na estratosfera, a explicación das ancoraxes do globo, paracaídas, cápsula e sonda ata o papel da muller na astronomía ao longo da Historia. Tamén se entregarán os poemas do I Premio de Poesía Estratosférica e convocarase a seguinte edición, ademais da presentación da nova web.

Equipa do Maruxa Mallo de Ordes que lanzou a sonda no 2017

Na xornada explicaránse os obxectivos da nova misión, que alude a Einstein ao tratar de comprobar a teoría da relatividade estudando os muóns froito da descomposición dos raios cósmicos. Entre outros obxectivos tamén figuran o estudo da velocidade de reprodución de seres unicelulares fóra da Terra, a variación das propiedades organolépticas da auga ou a medición do campo magnético terrestre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial