Boa participación no III Trial Senda do Picón

0

O Pino, 6 de novembro do 2017 – Ruben Insua Díaz, do Club Atletismo Sar Vermú Petroni, cun tempo de 1:08:44, e Verónica Calvo, do CDM Vértice, con 1:29:14, proclamáronse campións absolutos do III Trail Senda do Picón que organizou o concello do Pino.

Podium Masculino

A terceira edición do Senda do Picón discorreu  sobre un percorrido de 16 quilómetros por camiños forestais, pistas e monte do municipio. Cun desnivel medio de 600 metros, o punto máis alto da proba atopábase precisamente no alto do Picón.

Na categoría masculina, Juan Elosúa Capellán (1:08:55) e  Víctor Maneiro Freire  (1:08:55), ambos do Club Atletismo O Pino, cruzaron xuntos a meta, en segunda e terceira posición da categoría absoluta.

Podium feminino

No podio feminino, Verónica Calvo estivo acompañada por Miriam Palomanes Atanes (1:29:34) e Teresa Carneiro Barroso (1:31:32), portuguesa do Clube Atletismo Santiago. Na clasificación por equipos, o Club Atletismo O Pino foi o gañador, seguido do CDM Vértice e do Atletismo Fontes do Sar de Santiago.

Polo que respecta aos atletas locais recolleron o premio Jesús Beis Cabanas e Daniel Castro Moscoso, na categoría masculina, e Carmen Castro Cores na categoría feminina. Na entrega de premios participaron os concelleiros Eva Varela e Manuel Canabal, así como Iván Sanmartín, técnico de deportes  e delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo. A Federación foi a encargada do control técnico do trail Senda do Picón.

As clasificacións da proba foron as seguintes:

Categoría absoluta

1:29:14 CALVO Verónica CDM VERTICE DODRO
1:29:34 PALOMANES ATANES Miriam   SANTIAGO DE COMPOSTELA
1:31:32 CARNEIRO BARROSO Teresa CLUB ATLETISMO SANTIAGO VILA NOVA DE FAMALICÃO

 

1:08:44 INSUA DIAZ Ruben CLUB ATLETISMO SAR VERMÚ PETRONI FISTERRA
1:08:55 ELOSUA CAPELLAN Juan CLUB ATLETISMO  PINO TEO
1:08:55 MANEIRO FREIRE Victor CLUB ATLETISMO  PINO TEO

 

 Categoría sénior

1:41:29 CASTIÑEIRAS PEREIRA Raquel TARTARUGAS VEDRA
1:42:45 ESCARIZ MELLA Carmen   ESTRADA, A
1:57:24 QUINTELA PRADO Cristina CLUB ARZUA ARZÚA

 

1:10:44 OLIVA DENIS Richard Daniel CLUB ATLETISMO  PINO SANTIAGO
1:11:21 IGLESIAS AMORES Miguel CLUB DEPORTIVO PINARIUM VEDRA
1:11:59 REQUEIJO REQUEIJO Sergio AZERVAÑAN SILLEDA

 

Categoría Máster 1

1:37:50 MORENO FERNÁNDEZ Marga CDM VERTICE AMES
1:40:00 DE LA FUENTE IGLESIAS Eva CLUB ATLETISMO  PINO SANTIAGO
1:50:49 CLAVIJO PELÁEZ Gloria Edilia ATLETAS DE ACEA DE AMA A CORUÑA

 

1:10:59 CAROU CARRIL Alberto CLUB ATLETISMO  PINO NOIA
1:11:04 BARROS GONZÁLEZ Abel ATLETISMO +9 MORAÑA MORAÑA
1:11:21 RODRÍGUEZ OTERO Mario ATL. FONTES DO SAR AMES

 

Categoría Máster 2

1:43:33 LÓPEZ DIÉGUEZ Cristina ATL. FONTES DO SAR SANTIAGO
1:51:11 VEIGA BLANCO Montse ATL. FONTES DO SAR SANTIAGO
1:52:13 VIGO LIÑARES Ana ATL. FONTES DO SAR SANTIAGO

 

1:12:25 MAYO MARTINEZ Jose Ramon C.A. BERTAMIRANS BRIÓN
1:16:08 MARTÍNEZ SILVEIRA Luis C. CDM VERTICE VEDRA
1:16:31 SUAREZ REDONDO Xabier TRIBU TRAIL RIANXO
Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies