III Triatlón solidario de Negreira

0

Negreira, 19 de maio do 2018 – O Auditorio de Negreira acolleu a presentación do III Triatlón solidario que doará os beneficios a Obra social pediatría do Complexo Hospitalario de Santiago, o CHUS, para a investigación e tratamento de enfermidades raras e crónicas

Na presentación do Triatlón Solidario estiveron presentes os alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e da Baña, Andrés García Cardeso, e mailo técnico de Deportes de Brión, José Manuel Trigo, acompañados por Manuel Sanmartín e Samuel Fernández, membros da directiva do club Cervecería O Cotón Negreira ademais de Elena Sobrino directora da aula hospitalaria do Clínico.

Manuel Sanmartín destacaba que a parte máis importante da proba é sen duda a da solidariedade

En canto a organización, para Manuel, o máis complexo a recadar os fondos necesarios para que se celebre

Pola súa banda Elena Sobrino contáballe a Lindeiros a importancia de este tipo de eventos para poder continuar a labor da obra social

Si o apoio psicolóxico e sempre importante cando un entra nun hospital, e mais con enfermidades crónicas ou de longa duración, no caso dos nenos esa importancia increméntase

O apoio psicolóxico que ofrece a Obra social do CHUS cobra maior protagonismo no caso dos pais dos cativos xa que o seu benestar repercute de xeito directo no benestar dos nenos

A proba

O III Triatlón Solidario celebrarase na tarde do sábado 9 de xuño, a partir das 17.30 horas e comezará co sector de natación nas augas do encoro Barrié da Maza, ao seu paso polo lugar de Ponte Ínsua, entre Negreira e Brión, cunha travesía a nado de 750 metros. Seguidamente, o sector de bicicleta para cubrir 20 quilómetros arredor de Negreira e, finalmente, o sector de carreira a pé, de 5.000 metros de distancia polo centro da vila, rematando na meta sita no Pazo do Cotón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies