займ срочно

Máis de 320 patinadores esta fin de semana no III Trofeo Concello de Ordes Grupos Show

0

Ordes, 29 de xuño do 2017 –  Este próximo sábado, 1 de xullo, terá lugar o III Trofeo Concello de Ordes de Grupos Show de patinaxe.

No torneo participarán 320 patinadores vidos das provincias da Coruña e Pontevedra pertencentes aos clubs Galia Ordes, Raiola (Ferrol), Patiart Coristanco, Conxuro de Laracha, Xiramos (Vigo), Costa da Morte (Cee), Soutomaior (Vigo), Fontiñas (Santiago), Sarela (Ames), Brincadeira (A Coruña), Axel Arteixo, Oroso e Apóstolo Santiago (Vigo).

O III Trofeo Concello de Ordes Grupos Show dará comezo ás 16 horas no pavillón Castelao I e finalizará arredor das 19 horas. Nel competirán deportistas pertencentes ás categorías de grupos grandes, grupos pequenos e  cuartetos, estando subdivididos por idades polo que haberá categorías de primaria e secundaria.

O Club Patinaxe Galia, organizador da xornada, conta coa colaboración dun amplo número de firmas comerciais de Ordes ademais da do Concello de Ordes, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies