A coordinadora contra os parques eólicos en ordes advirte que a súa aprobación podería ser nula

0

Ordes, 20 de maio do 2018 – Continúa a oposición e as accións para deter a ubicación de novos parques eólicos na contorna de Ordes e a Plataforma veciñal adivrte que a súa aprobación podería ser nula de pleno dereito.

A coordinadora contra a implantación de parques eólicos ven de presentar no rexistro xeral de Xunta escritos dirixidos ao Conselleiro de Industria e ao presidente Feijóo advertíndolle que aprobar a ubicación sería contrario ao interese xeral e posiblemente nulo de pleno dereito. A Plataforma oponse a declaración de interese especial por parte do Consello da Xunta dos parques eólicos “Gasalla” e “Monte Inxerio”. Según o colectivo a empresa promotora deses dous parques e dos denominados “Ardemil “ e “A Pobra”, Green Capital Power, S.L. está a fragmentar de forma fraudulenta para á súa tramitación un único parque que iría da parroquia de Lesta, en Ordes, até Vilasantar, en varios máis pequenos co fin de evitar trabas na súa tramitación administrativa e medioambiental.

Co fin de facilitar a participación de cantos veciños e veciñas, empresas, asociacións, etc. se sintan afectados coa implantación dos parques, a Coordinadora pon ademais a disposición os documentos base e anima a todos aqueles colectivos e persoas sensibilizadas con esta causa a asinalos e presentalos no rexistro da Xunta durante os próximos días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies