Impugnarán os orzamentos de Trazo ao detectar irregularidades

0

Trazo, 24 de marzo do 2018 – O Psoe de Trazo ven de anunciar a impugnación dos orzamentos municipais ao detectar varias irregularidades.

O Psoe de Trazo explica que no transcurso da sesión ordinaria de este venres, onde foron aprobados os orzamentos coa maioría do Partido Popular, preguntaron ao alcalde José Dafonte  polas irregularidades detectadas nas bases de execución e que afectan a situacións persoais do rexedor e ao feito de que o Concello só presentou a medias o estado de execución do orzamento de 2017:  ata o 30 de xuño de 2017.

Según a portavoz socialista, Beatriz Domínguez,  “os socialistas votamos en contra da aprobación dos orzamentos porque conteñen varias irregularidades, como que o alcalde intente aproveitar a súa aprobación para tratar de regularizar unha situación persoal que non é regularizable”. Domínguez explica tamén que as informacións publicadas recentemente sobre a débeda do concello están erradas ” nalgunhas informacións publicadas estes días sobre a débeda do Concello de Trazo e o pago a provedores non figuraban datos oficiais, porque a 20 de marzo de 2018 aínda non foron quen de pechar os datos de 2017”.

Documentación entregada o día antes

Os socialistas volveron lamentar que o alcalde de Trazo continúe incumprindo a lei e siga poñendo trabas ao dereito dos concelleiros socialistas a ter acceso á información municipal, sobre todo dos asuntos que se van tratar no pleno. “Estamos falando do pleno máis importante do ano e o señor Dafonte nos convoca tres días antes e sen enviarnos a información dos asuntos que se van tratar”, indica Beatriz Domínguez. A convocatoria do pleno tivo lugar o pasado martes 20 de marzo e os socialistas só conseguiron acceder á documentación dos Orzamentos de 2018 o xoves 22 de marzo, logo de presentar unha petición escrita. “Non só nos convoca co mínimo legal para que non teñamos tempo para documentarnos”, indica Beatriz Domínguez, “senón que tivemos que esixilo por escrito o último día antes do pleno. Todo é poñer trabas e dificultar o noso labor como oposición, pois é moi complicado examinar documentos de tanta importancia en tan pouco tempo. O normal é entregar a documentación coa convocatoria do pleno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies