займ срочно

Impulso á renovación dos colexios de Fonseca e San Xerome

0

Compostela, 1 de marzo do 2021 – USC e Turismo de Galicia suman forzas para renovar os colexios de Fonseca e San Xerome e firman un convenio para a conservación e mellora do conxunto.

Universidade e Xunta asinaron o acordo nun acto celebrado no claustro interior de Fonseca. No acto tomaron parte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o Reitos da USC, Antonio López, xunto co xerente da Universidade, Javier Ferreira; e o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

Antonio López explicou que se trata dun conxunto de accións “moi necesarias” para a Universidade e, por extensión, para a cidade de Santiago de Compostela. Nesta mesma liña, manifestouse o presidente da Xunta quen salientou que con estas obras culmínase o traballo de mellora do “inmenso punto de encontro que supón a Praza do Obradoiro”. 

As devanditas obras centraranse nas fachadas de pedra, nos paramentos exteriores pintados, cubertas, alén das carpinterías e contan cun orzamento de máis de 400.000 euros.

Patrimonio

O conxunto arquitectónico composto polos colexios de Fonseca e de San Xerome conforma unha mazá singular na trama urbana da cidade de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade. Está mazá cerra a praza do Obradoiro pola súa parte meridional, dando á mesma a fachada principal do Colexio de San Xerome, que se converte así na fachada sur da praza.

O Colexio de Fonseca, ou de Santiago Alfeo, é o edificio máis antigo e máis grande do conxunto. O edificio principal está dende a reforma de 1978 desdobrado en varias funcións, por unha banda, está destinado a situar o servizo da Biblioteca Xeral da Universidade,  Biblioteca América, salas de investigadores, actos académicos no Salón Nobre ou Salón de Graos, e por outro, en salas de exposicións no Salón de Artesonado e a antiga Capela. Consta de planta de semisótano, baixa e unha planta alta. No centro ten un patio  porticado con arcos rebaixados na planta baixa apoiados sobre columnas  prismáticas e arcos escarzanos cunha galería na planta alta. A parte superior remata cunha crestería pétrea de gran valor artístico.

Nas mesmas datas que o outro colexio, con proxecto tamén de Carlos Fernández- Gago Varela, fíxose unha reforma integral de San Xerome para adaptalo aos novos usos que se lle ían a dar. As obras executáronse baixo a dirección do autor do proxecto e do entón arquitecto da Universidade, Arturo Zas Aznar. Dende esta última reforma, o edificio veu acollendo a reitoría da Universidade, xunto con boa parte dos servizos máis directamente vinculados ao goberno e xestión da mesma.

Cooperación institucional

O reitor quixo manifestar a súa satisfacción por este exemplo de cooperación institucional e agarda que poida trasladarse a outros eidos como o do proxecto da Cidade da Saúde que serviría, entre outros aspectos, para subministrar, dixo,  “unha sede digna para os estudos da nosa Universidade neste eido”. O proxecto de Cidade da Saúde parte da vontade integradora e de reforzo das actividades sanitarias de carácter asistencial, docente e investigador co obxectivo de contribuír, con isto, a que Galicia sexa un referente da docencia, da investigación e da colaboración institucional e público-privada no ámbito da saúde.

Pola súa parte, o xefe do goberno autonómico destacou que “as institucións robustas achegan certezas e unha delas é a USC con máis de 500 anos de historia”. Núñez Feijóo puxo o foco en que a inversión contida no convenio é o “tributo que temos que pagar polo que a Universidade nos dá”, logo de destacar como a xeración do coñecemento que propicia a Universidade é a “base sobre a que se asentan as sociedades libres e democráticas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies