Inaugurada unha nova senda peonil en Brión

0

Brión, 3 de xullo do 2018 – O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a primeira tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas, inauguraron a senda peonil e ciclista na AC-543, que une as localidades de Gándara e Gundín (Brión).

Na senda investíronse cerca de 253.000 euros. No acto estiveron acompañados polos concelleiros de Seguridade e Protección Civil, José Pedro Cambón Fernández; de Deportes, Jesús Quintela Vázquez; e de Maiores, María Guarina Rey Vázquez, así como técnicos que traballaron na obra.

Yolanda Bouzas desculpou a ausencia do alcalde brionés, quen non puido asistir polo atraso do seu voo de volta dunha actividade como deputado provincial en Bos Aires (Arxentina), e aproveitou para trasladarlle a Ovidio Rodeiro a necesidade de acometer unha actuación semellante de mellora da seguridade viaria na AC-300 Os Ánxeles- A Picaraña, especialmente ao seu paso pola localidade brionesa de Pérros “É un tramo máis pequeno que este que inauguramos hoxe pero onde hai zonas moi estreitas que, unido a que é unha estrada moi empregada por vehículos de alto tonelaxe, supoñen un perigo na seguridade viaria tanto dos peóns coma dos propios condutores”, explicou a primeira tenente de alcalde de Brión.

Características

A actuación consistiu na execución dun itinerario peonil e ciclista duns setecentos metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho pola marxe dereita da estrada AC-543, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 10+160 e 10+970, que permite a conexión de aldeas como Buio e Gundín coas zonas de concentración de servizos e equipamentos no municipio. Unha senda executada en formigón coloreado e separada da estrada por unha zona axardinada de case un metro de ancho, ademais dos bordos delimitadores.

Para a súa realización foi necesaria a construción de dous muros de contención de pedras de granito de 486 m2 e a colocación de 228 metros de barreiras de seguridade e 255 metros varandas de aceiro galvanizado. A senda compleméntase coa instalación de redes de drenaxe de augas pluviais e de tubaxes en previsión de futuras canalizacións de servizos de telefonía ou electricidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies