займ срочно

Un incendio mantivo cortada a N-550 en Oroso

0

Oroso, 8 de agosto do 2017 – Susto en Oroso onde onte pola tarde declarábase un incendio nunha finca que obrigaba a cortar a N-550.

O lume comezaba pouco antes das dúas da tarde nunha finca chea de maleza a carón da nacional. Esta mesma finca xa sufrira hai uns días outro incendio aínda que menos importante que o de onte.

Na extinción do lume interviron efectivos de Protección Civil de Oroso, da Garda Civil de Tráfico e brigadas forestais dependentes da Xunta. A prioridade foi absoluta xa que existe un gaseoducto na zona e finca en cuestión é cercana a estrada nacional.

O axente forestal ao cargo do operativo de control e extinción decidiu confinar o lume, mantelo dentro da finca, dado que na parcela afectada non había masa forestal de valor nin bens inmobles de ningún tipo. Tampouco nas inmediacións existía risco para este tipo de bens. Unicamente se salvagardou o peche perimetral dunha finca próxima, para o que se empregou un tractor de desbroce dunha empresa privada que habilitou un cortalumes. Tamén se creou outro cortalumes para crear un contralume, sempre de xeito controlado e coa presenza de tres motobombas. Así evitouse a propagación do lume e que se aproximase á zona do gasoducto. Cómpre indicar que o gasoducto vai canalizado de xeito subterráneo, de maneira que incluso se o incendio chegase alí o risco sería mínimo.

A proximidade da parcela afectada á N-550 (só existe unha vía de servizo paralela en medio) e o vento que se rexistrou durante a tarde fixo que o fume condicionase a visibilidade en momentos puntuais. Por iso, a Garda Civil de Tráfico, a cargo do da dirección do control da circulación durante o operativo, optou por desviar a circulación no momento de maior proximidade do lume á estrada, como medida de seguridade e precaución. O desvío efectuouse por vías secundarias próximas, sen ningún tipo de risco e coa colaboración de Protección Civil de Oroso. En todo momento a incidencia estivo sinalizada para garantir a seguridade da circulación.

O alcalde de Oroso en funcións, Eduardo Veiras, explica que foi “unha acción claramente intencionada, dado que a meteoroloxía non era a máis propicia para o inicio fortuíto dun incendio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies