займ срочно

Un incendio afectou a varias parroquias de Silleda

0

Silleda, 14 de outubro do 2017 – Desde a tarde do xoves un incendio afectou a varias parroquias de Silleda chegando a calcinar más de 200 hectáreas.

O incendio iniciouse en torno as oito e cuarto da tarde do xoves e mantívose activo durante toda a noite sendo onte finalmente controlado. Víronse afectados os montes de Refoxos e Oleiros e zonas como A Laxe ou Castro Montaz.

O alcalde Manuel Cuiña seguiu a evolución desde Arxentina onde se atopa de viaxe. O rexedor agradeceu á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que lle informara persoalmente sobre este incendio, “unha lacra que por desgraza segue afectando aos nosos montes”, dixo.

Ademais das brigadas, axentes do Distrito Forestal de Deza-Tabeirós, palas e un helicóptero tamén participou nas tarefas de extinción durante a noite a motobomba do Concello de Silleda.

Ata o lugar de A Laxe, en Oleiros tamén se achegaron a alcaldesa en función, Ana Luísa González, e o concelleiro Benito Saavedra para interesarse polas tarefas de extinción deste lume que se propagou dende o xoves con gran rapidez.

“Por fortuna, grazas ao traballo dos medios de extinción o lume quedou controlado”, sinala o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies