O Infantil Cenor Obradoiro viaxará a Valencia para participar na Minicopa Endesa

0

Compostela, 7 de decembro do 2017 – O equipo infantil Cenor Obradoiro CAB, dirixido por Iago Rodríguez, viaxará este venres a Valencia para disputar a fase previa da Minicopa Endesa.

Este venres e sábado L’ Alqueria do Basket de Valencia acollerá esta fase previa na que O Infantil Cenor Obradoiro competirá con outros 15 equipos por conseguir unha das seis prazas aínda vacantes para o torneo, que se celebrará de forma paralela á Copa do Rey Gran Canaria 2018, en febreiro. Os que logren clasificarse uniranse ao Real Madrid (vixente campión) e Herbalife Gran Canaria (anfitrión) na fase final desta Minicopa. Os equipos dividíronse en catro grupos (A, B, C e D) formados por catro equipos en cada un deles. O líder de cada grupo clasificarase directamente e as dúas outras prazas decidiranse o sábado 9 de decembro nos duelos directos entre os segundos clasificados de cada grupo: enfrontaranse o 2º do Grupo A contra o 2º do Grupo B, e o 2º do C contra o 2º do D.

Os obradoiristas infantís estrearanse o venres 8 de decembro, ás 10:30 horas, ante o Divina Seguros Joventut na Pista 8. Esa mesma tarde, ás 17:00 horas, o equipo medirase ao Valencia BC na Pista 3. O sábado 9 de decembro terán unha cita ás 10:30 horas ante o Bilbao Basket na Pista 8.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies