Demandan información sobre os locais de ensaio de Ames presentados en outubro

0

Ames, 27 de maio do 2018 – O Partido Popular de Ames ven de solicitar información sobre “A Factoria”, un proxecto de locais de ensaio presentado en outubro de 2017 e do que polo momento non se sabe nada.

O grupo popular lembra que o mes pasado xa denunciaron o peche do Arquivo Histórico de Ames, inaugurado no 2015 pero que non chegou a funcionar. O PP explica que o mesmo está a suceder cos locais de ensaio.

O proxecto presentado no pasado mes de outubro propoñía, según o concelleiro David Santomil,  reconverter a antiga escola de Biduído nun un “espazo creativo multifuncional de locais de ensaio destinados principalmente a mozos, grupos emerxentes e asociacións xuvenís e culturais”. A partir de ese momento comezaron unhas obras de acondicionamento que consistiron principalmente na renovación da instalación eléctrica e de fontanería, así como na colocación dun revestimento acústico en cada un dos dous locais de ensaios cos que inicialmente contaba “A Factoria”.  Durante o tempo que durasen as obras de acondicionamento abriríase unha convocatoria específica para que as persoas, grupos ou asociacións interesadas puidesen solicitar a reserva do espazo.

Imaxe da presentación dos locais de ensaio en outubro pasado

O Partido Popular denuncia agora que a previsión de Santomil, comunicada en marzo pasado, era que comezase a funcionar no mes de abril sen que a finais de maio fora aberto aínda.  Lembran os populares que na antiga escola fíxose un investimento de 4.500 euros en obras aos que polo momento non se lles saca partido. Por este motivo o Grupo Municipal Popular solicitou información sobre o numero de reservas de espazo realizadas na convocatoria de novembro de 2017; o número de inscritos no Censo de Artistas Musicais, así como o numero de inscritos no censo que están a facer uso dos locais de “A Factoría”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies