займ срочно

A innovación tecnolóxica no traballo protagonista dun Congreso Internacional na USC

0

Compostela, 5 de abril do 2018 –  Un congreso internacional reúne hoxe e mañá na Facultade de Dereito da USC a persoal investigador procedente de Alemaña, España, Francia, Italia, Polonia, Portugal Reino Unido e Rusia para analizar dende diversos enfoques a influencia da innovación tecnolóxica no futuro do traballo.

O encontro Innovación tecnolóxica e futuro do traballo inaugurarase ás 9.00 horas nun acto que presidirá o reitor Juan Viaño e no que tamén participarán a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez Barbero; a subdirectora xeral de Relacións Laborais, María Coutinho Villanueva; e a profesora da Facultade de Dereito Lourdes Mella Méndez, coordinadora xeral de CIELO laboral (Comunidad para la Investigación y el Estudio Laboral y Ocupacional) e do congreso.

Co lema ‘Innovación tecnolóxica e futuro do traballo: aspectos emerxentes no ámbito mundial’, esta cita científica céntrase na influencia do actual desenvolvemento dixital e de innovación tecnolóxica na conformación “dunha nova forma de traballar e vivir que se presenta como autenticamente disruptiva e que xa se designa como a ‘Cuarta Revolución Industrial’”, explica a profesora Mella. Esta nova revolución, apunta, “vai marcar o futuro do traballo no mundo, tal e como están recoñecendo todos os organismo internacionais, entre eles, a Organización Internacional do Traballo”, cuxo director para España, Joaquín Nieto Sáinz, é o encargado de pronunciar a conferencia inaugural.

O congreso aborda especificamente a relación da innovación tecnolóxica e o seu impacto no emprego, no contrato de traballo individual e nas relacións colectivas. Neste senso, o encontro incide en temas de máxima actualidade e procurará dar resposta “a unha inxente cantidade de problemas xurídicos que poden derivar estes profundos cambios tecnolóxicos, sociais e laborais que vivimos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies