займ срочно

Aberta a inscrición no concurso de escaparatismo de Compostela

0

Compostela, 9 de decembro do 2020 – Ata mañá xoves día 10, ás tres da tarde, está aberta a inscrición no concurso de escaparatismo de Santiago de Compostela.

O concurso de escaparatismo terá dous tipos de galardóns, xurado e público. Nos do xurado os 3 primeiros terán premios de 3.000, 2.000 e 1.000 euros. Haberá un premio de 1.000 euros ao escaparate sostible e, se o xurado o considera oportuno, dous accesits de 500 euros.

Os premios outorgados mediante votación do público, a través da páxina de Facebook do departamento de comercio, son dous: o primeiro, dotado con 2.000 euros e o segundo con mil euros.

O concurso de escaparatismo de Nadal ten como obxecto promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus produtos, fomentar a cultura da innovación e da calidade no sector comercial e contribuír á súa reactivación económica.

Poden participar no concurso todos os comercios polo miúdo e negocios de servizos do municipio de Santiago que dispoñan de escaparate aberto ás rúas. No caso de que unha mesma persoa propietaria desexe participar con máis dun establecemento deberá presentar unha solicitude por cada un dos diferentes escaparates que opten aos premios.

O tema que deben desenvolver será o Nadal, con total liberdade en canto á súa interpretación, deseño, técnica e estilo. Na valoración dos escaparates terase en conta a integración dos produtos á venda; a composición do escaparate e a súa adaptación á temática de Nadal; a distribución dos elementos; a harmonía das gamas cromáticas, formas, texturas e materiais; a mensaxe ou idea que se transmite; a interacción co público; o emprego de técnicas sostibles, de materiais de refugallo ou de elementos naturais; a invisibilidade dos elementos auxiliares precisos para a súa construción e mais o grao estimado de traballo empregado na conformación do escaparate final.

Inscrición

Os establecementos interesados deberán presentar obrigatoriamente a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos, a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Santiago.

Tamén deberán enviar entre unha e catro fotografías horizontais do escaparate. De xeito opcional, poderanse acompañar dunha memoria explicativa do concepto de escaparate e das técnicas ou materiais utilizados na súa execución. Esta memoria achegarase xunto coas fotografías e a través da mesma ligazón.

As persoas participantes comprométense, entre outras condicións, a manter os escaparates decorados e visibles ao público ata o 5 de xaneiro de 2021 e a colocar un adhesivo de identificación visible no exterior escaparate. Os premios poderán ser declarados desertos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies