Abre o prazo de inscrición para a VII Feira de Oportunidades de Ordes

0

Ordes, 8 de agosto de 2018. A sétima Feira de Oportunidades, organizada polo Concello de Ordes, celebrarase durante os días 6, 7 e 8 de setembro e mañá abre a inscrición para os que queiran participar.

Como en edicións anteriores a Feira de Oportunidades celebrarase no primeiro andar da Praza de Abastos e nela poderán participar exclusivamente comerciantes que teñan establecemento aberto ao público en Ordes.

O prazo para inscribirse arrancará mañá venres no mesmo Concello, e manterase aberto ata o vindeiro día 20 do presente mes. O horario irá dende as 9 ata as 14 horas. A reserva de espazo será dada por rigorosa orde de chegada.

A asignación dos postos habilitados, 13 en total, será mediante sorteo, o cal terá lugar o vindeiro día 21. Como en ocasións anteriores os produtos obxecto de venda estarán relacionados co téxtil, calzado, bixutería, cerámica, decoración, marroquinería etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial