A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará Silleda nas vindeiras semanas  

0

Silleda, 13 de xaneiro do 2018 –  A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará situada durante varias xornadas en diferentes puntos.

O primeiro lugar que visitará a Inspección será a parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 e 31 deste mes.

Despois visitará A Bandeira, onde se colocará na rúa Esmorga dende o 1 ao 5 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 6 ao 8 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 9 ao 12 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 2 e 8 de febreiro, en horario só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaranse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies