займ срочно

Investigadores das Universidades de Santiago e Lovaina estudan proxectos conxuntos no ámbito da neurociencia

0

Compostela, 8 de xaneiro do 2018 –  O responsable do Departamento de Neurociencias da Universidade KU Lovaina (Bélxica), Peter Janssen, visitou estes días o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) onde mantivo un encontro co catedrático de Fisioloxía Francisco González García.

A visita permitiu traballar na definición de proxectos conxuntos de investigación, entre a USC e a Universidade de Lovaina,  no ámbito das neurociencias con especial atención á visión humana.

O doutor Jansenn estivo acompañado por Mª del Carmen Romero Pita, titulada pola USC que actualmente traballa con el no Laboratorio de Neuro e Psicofisioloxía da universidade belga.

Peter Janssen posúe un ampla traxectoria no ámbito da neurociencia que lle ten valido o premio do Consello de Investigación da súa universidade no ámbito das ciencias biomédicas ou o apoio do Human Frontier Science Program, programa internacional que financia investigación novidosa en ciencias da vida e que recoñeceu un traballo no que Janseen e outros dous investigadores contribúen a comprender como a percepción xorde da actividade das neuronas en diferentes áreas do cerebro. Concretamente, demostraron que a actividade na cortiza temporal inferior, pero non na parietal posterior, se co relaciona coas decisións perceptivas sobre superficies tridimensionais (3D).

Na visita puido coñecer o labor que desenvolve o profesor da USC Francisco González no estudo do procesamento da información visual a través do sistema nervioso central. O investigador compostelán ten traballado en técnicas de rexistro unitario extracelular para analizar as respostas das neuronas a estímulos visuais de diferente tipo, así como en visión estereoscópica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies