Investimento de medio millón de euros na rehabilitación do CEIP Felipe de Castro de Noia

0

Noia, 31 de outubro do 2018 – O CEIP Felipe de Castro, de Noia, beneficiarase o vindeiro ano dunha importante obra de rehabilitación integral grazas a un investimento cercno ao medio millón de euros por parte da Cnsellería de educación da Xunta de Galicia.

A Conselleira Carmen Pomar o confirmou nunha visita realizad ao CEIP Felipe Castro acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Noia, Santiago Freire, e as concelleiras de Ensino, Ángela Neri; e Parques e Xardíns, Mariola López.

O proxecto, en fase de redacción, incluirá a substitución de cubertas e carpinterías e actuacións en fachadas e luminarias, entre outras. O investimento estímase en medio millón de euros. O obxectivo das obras será dotar as instalacións do CEIP dunha maior confortabilidade para os usuarios e aforrar nos custes enerxéticos.

Melloras no centro

Esta obra súmase ao novo pavillón deportivo anexo ao centro, no que o Concello de Noia e a Consellería investiron case 306.000 euros, dos que uns 150.000 foron achegados polo departamento autonómico. O alcalde, Santiago Freire, explica que “é unha importante obra que se pon á disposición da veciñanza e na que seguiremos traballando para mellorar as instalacións. Agradecemos o compromiso da conselleira para acometer unha pasarela entre o colexio e o polideportivo sen barreiras arquitectónicas”. A vindeira semana técnicos da Xunta visitarán o centro educativo para coñecer as condicións da zona e determinar o xeito óptimo de acometer as reformas necesarias.

A conselleira destacou que os investimentos de Educación neste CEIP nos últimos anos ascenden a 580.000 euros, contía que se eleva a 1,22 millóns de euros se se computan o conxunto dos centros educativos de Noia. Carmen Pomar, que mantivo encontros con docentes e alumnado para abordar as demandas da comunidade educativa, resaltou tamén os proxectos educativos innovadores que se desenvolven no Felipe de Castro. O centro participa no programa Plambe (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e este curso incorpórase ao proxecto E-dixgal, de libro dixital, para 5º de educación primaria.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial