Iria Pedreira presentou en Ordes o libro Caracteres, tradución do volume do grego Teofastro

0

Ordes, 9 de outubro do 2017 – A filóloga Iria Pedreira Sanjurjo encheu o auditorio do Museo do Traxe de Ordes na presentación de Caracteres, obra do autor clásico Teofastro.

Natural de Ordes, Iria Pedreira mostrouse agradecida e abraiada polo momento, e “pola boa acollida deste acto que se celebra en Ordes, o que para min é moi importante”, asegurou. Moisés Barcia (Rinoceronte Editora), Raúl Gómez Pato (director da colección Vétera) e Cristina Collazo, quen levou a cabo a lectura dramatizada de distintos fragmentos, foron outros dos asistentes.

Caracteres de Teofastro

Datada do século IV a.C., esta obra contén un breve pero intenso debuxo dos tipos morais, e unha valiosa descrición da vida do seu tempo. Caracteres está considerado o primeiro intento de catalogar os modelos tipo. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies