Tres meses para recuperar o itinerario fluvial do Sarela en Compostela

0

Compostela, 4 de marzo do 2018 – A Xunta de goberno local de Compostela aprobou a adxudicación da mellora do itinerario fluvial do río Sarela ademais dun novo parque infantil en Lavacolla e comezar o proceso para dotar de nova iluminación ao pavillón de Fontiñas.

O mellora do itinerario fluvial De Ponte a Ponte polo río Sarela foi adxudicada pola Xunta de goberno por un importe de case 63.000 euros. A actuación, froito da colaboración entre o Concello e o Consorcio, ten un prazo de execución de tres meses. O obxectivo é consolidar o paseo fluvial e a ruta de sendeirismo que transcorre polo río Sarela, restaurando e mellorando os elementos existentes e instalando algúns novos como varandas de seguridade ou sinalización.

Lavacolla terá un novo parque infantil

O proxecto do novo equipamento de ocio de Lavacolla, no que se van investir case 75.000 euros foi tamén aprobado esta semana. Trátase dun parque infantil que estará vinculado ao centro cívico da parroquia, e que contará con randeeiras, trepas, e un conxunto multixogo, entre outros elementos. Ademais, o proxecto contempla o acondicionamento da contorna, coa construción dunha senda de formigón, a instalación de bancos e fontes, e a dotación de novo alumeado público.

Renovación do alumeado público

En materia de iluminación, tamén se acordou a continuidade do procedemento de contratación do subministro do alumeado público nos accesos á cidade, que quedara paralizado polo recurso presentado por unha das empresas que concorreran ao concurso. Tal e como se acordara previamente en Xunta de Goberno, a empresa Cobra Instalaciones y Servicios será a adxudicataria das Fases II e IV do proxecto, e Ferrovial encargarase da Fase III. O Concello remitiralle un requirimento a ambas empresas, que terán un prazo de cinco días para formalizar os contratos.

A renovación do alumeado público nos accesos á cidade será financiado con cargo a un préstamo do IDAE de case 1,5 millóns de euros, a interese cero, cun período de carencia dun ano e 9 anos de amortización. O proxecto contempla a substitución de case 2.500 luminarias por fontes de luz de alta eficiencia e rendemento, e con dispositivos que permiten a súa regulación de forma programada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial