IV Concurso de relatos no Museo de Historia Natural da USC

0

Compostela, 29 de decembro do 2018 –  A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza este Nadal por cuarto ano consecutivo o seu concurso de relatos curtos ilustrados, nesta ocasión sobre o tema As especies invasoras.

O Concurso de relatos terá dúas modalidades: a participación individual, diferenciada por idades en catro categorías (de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e de 18 ou máis anos); e a colectiva, dirixida a grupos –que deberán ter un representante maior de idade- con catro subcategorías en función da franxa de idade da maioría dos seus membros.

Os traballos poderán presentarse ata o 21 de xaneiro, tanto na recepción do Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, Santiago) como por correo electrónico no enderezo amhnusc@gmail.com, facendo constar en asunto ‘IV Concurso de Nadal AAMHN’.

As persoas gañadoras, unha por categoría, levarán como premio unha tablet na categoría individual e unha visita guiada gratuíta ao Museo de Historia Natural da USC na categoría colectiva. Como apoio para o concurso recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’.

Obradoiros de Nadal

Para complementar este concurso, o Museo organiza os seus tradicionais obradoiros de Nadal, para que os máis pequenos poidan aprender o que son as especies invasoras e realizar un caderno de campo que poidan presentar ao certame. Ademais, os participantes farán tamén manualidades e outros xogos e actividades relacionadas coa temática.

Estas actividades son para nenos e nenas de 6 a 12 anos en grupos de mínimo 20 persoas (máximo 30) e, logo dos celebrados en decembro, continuarán os 2, 3 e 4 de xaneiro, podendo apuntarse tres días por 25€ ou días soltos por 10€ cada un.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial