IV edición do concurso Balbino de relatos

0

Vila de Cruces, 6 de febreiro do 2019 –  O Concurso Balbino de Relatos chega á súa cuarta edición impulsado por Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra.

O concurso Balbino de relatos Ten como obxectivo promover a literatura escrita en lingua galega arredor da temática do rural e da emigración, así como apoiar tanto escritoras e escritores noveis comoxa consagrados.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, dicía na presentación “Compráceme, por cuarto ano, convocar este galardón na memoria do sempre querido e admirado Xosé Neira Vilas e, tamén, facelo seguindo o exemplo que nos inculcou de apostar por iniciativas culturais plurais e diversas nas que nos atopamos entidades de diferente natureza, desde a empresa privada ás administracións autonómica, local e provincial, cun obxectivo único que é o impulso á nosa lingua e cultura propias”.

Participaron canda el Beatriz Iglesias, en representación da Fundación Xosé Neira Vilas;  Jesús Otero e Manuel Fernández, alcaldes de Boqueixón e Vila de Cruces, respectivamente; e mais o responsable de Técnicas & Gramaxe/Edicións Fervenza, Manuel Núñez.

As autoras e autores que así o desexen, poderán presentar a este 4º Concurso Balbino de Relatos os seus textos orixinais, propios e inéditos (relatos ou serie de relatos) inspirados nas mencionadas temáticas ata o vindeiro 29 de xuño para concorreren a un premio único de 1500 euros e á publicación da obra por Edicións Fervenza.

Ao longo das tres edicións anteriores, fixéronse co premio Xián Lois Alcayde Dans, pola obra Camiños na sombra; Ricardo Cid, pola obra De que falarán as árbores; e Ricardo Ferreiro, pola obra Máis alá do río do esquecemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial