займ срочно

IV Encontro da rede ContraMINAcción

0

Compostela, 18 de febreiro do 2019 – O Museo do Pobo Galego en Compostela acolleu o IV Encontro ContraMINAcción, Rede contra a MInería Destrutiva na Galiza.

Ao encontro organizado por ContraMINAcción acudiron representantes de organizacións e plataformas de toda a Península Ibérica que están a enfrontar nos seus respectivos territorios a ameaza, o impacto directo ou as secuelas da actividade mineira. A pluralidade de voces serviu para tirar varios denominadores comúns que se están a dar nesta loita.

Causas comúns

Desde a rede indican en primeiro lugar que estase a producir un boom da minaría, coa multiplicación exponencial de solicitudes de prospección e extracción. Só en España, hai unhas 3.600 explotacións mineiras en activo, das cales 360 están na Galiza. O incremento imparable do consumo a nivel mundial está levando a maiores demandas de recursos mineiros e ao esgotamento dos xacementos tradicionais. De feito, as empresas mineiras explotan xacementos cada vez máis dispersos e

que precisan de métodos de extracción moito máis agresivos pola súa dificultade de obtención. En ocasións as concesións non chegan a ser explotadas e só serven para especular con elas e facer negocio revendéndoas tras obter plusvalías ou demandando a gobernos para obter compensacións económicas millonarias.

En segundo lugar, para a rede “a clase política está a suspender na súa función de defender os intereses xerais da cidadanía. Diversas testemuñas explicaron que, con independencia do partido político que goberne, sexa de esquerdas ou de dereitas, os gobernos e as administracións de calquera rango case sempre se poñen da banda dos intereses das empresas mineiras”.

ContraMINAcciónconsidera en terceiro lugar que son os colectivos e plataformas sociais quen están a defender en solitario os intereses das comunidades ameazadas ou afectadas pola minaría. Estes grupos vense obrigados a loitar tamén contra as propias administracións, que entorpecen o seu labor con todo tipo de atrancos burocráticos, ocultan información, modifican as normativas e leis para favorecer os intereses mineiros e, decotío, e miran cara a outro lado cando estas vulneran a legalidade.

A rede considerou este IV Encontro de ContraMINAcción fundamental para establecer lazos de colaboración entre colectivos contra a minaría de Galiza, España e Portugal “que mellore a nosa capacidade para plantarlle cara a unha actividade industrial absolutamente insostible, que arrasa os territorios que explota deixándoos inservibles para calquera outra actividade e que, invariablemente, nunca se fai responsable do dano causado nin restaura a destrución que deixa ao seu paso”.

No encontro participaron os seguintes colectivos: 1Asociacion de afectados por metales pesados (Cartagena), Coordinadora No a la Mina de Uranio (Salamanca), La Raya sin Minas (Valencia de Alcántara, Cáceres), No a la Mina en el Valle del Corneja (Ávila), No a la Mina en la Sierra de Ávila (Ávila), No a la Mina en la Sierra de Yemas (Ávila), No en mi Tierra (Zamora), Oro No (Asturias), Plataforma Ciudadana Sierra de Moron (Sevilla), Plataforma Sierra de Gata Viva (Cáceres), Salvemos la Montaña (Cáceres), Salvemos las Villuercas (Cáceres) e Unidos em Defesa de Covas do Barroso UDCB (Portugal).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies