IV Trofeo de Patinaxe Artística Concello de Ordes

0

Ordes, 28 de novembro do 2018 – Esta vindeira fin de semana terá lugar o IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística, no cal participarán unha vintena de clubs chegados dende as provincias da Coruña, Ourense e Lugo.

Ao longo de todo o sábado e o domingo 300 patinadores e patinadoras saltarán á pista do pavillón Castelao I  para deleitar ao público cos seus saltos, xiros, piruetas e equilibrios. Deportistas de todas as idades englobados dende as categoría de iniciación ata a absoluta participan no IV Trofeo de Patinaxe Concello de Ordes.

Imaxe de arquivo

O programa arrancará o sábado ás 9.30 e finalizará ás 20.30 horas, mentres que o domingo será dende as 10 ata as 20 horas. Este último día haberá unha exhibición por parte de tres campións. Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín.

Nesta cuarta edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística os clubs e equipos chegados de Ourense e Lugo son Aehede e Anca respectivamente. O maior número dos que loitarán polo trofeo virán da provincia da Coruña e son os seguintes: Ágora, Axel, Boiro, Brincadeira, Uxaina, Brión, Inercia, Liceo, Omega; Oroso, Patriart, Puebla, Sarela, Velúa, Compañía de María, Conxuro, Ribeira, Escolas Lubiáns e o Club Galia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial