займ срочно

IV Trofeo de Patinaxe grupos show, Concello de Ordes

0

Ordes, 4 de xullo do 2018 – Este vindeiro sábado, 7 de xullo, terá lugar a IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show, no pavillón Castelao con entrada de balde.

Cartaz do IV Trofeo de Patinaxe grupos show, Concello de OrdesNo Trofeo de patinaxe participarán arredor de 370 deportistas con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos, pertencentes aos equipos: Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia. A cita terá un marcado carácter solidario porque a cada asistente se lle solicita a entrega voluntaria de alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.

Para esta nova edición a organización, co Club Patinaxe Galia á fronte apoiado pola área de Deportes do Concello de Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais ordenses: papelería Tres Lápices, bar Rei de Copas, pizzería Zentrum, cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, autocares Rogelio, café bar Susa, arranxos de costura Lola, imprenta Alpi, arquitectura e urbanismo Leandro del Río, froitería Agarimo, hamburguesería A Bolera e café bar Castro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies