IV Xornadas Gastronómicas da Filloa do 4 ao 8 de marzo en Boqueixón

0

Boqueixón, 27 de febreiro do 2019 – O Concello de Boqueixón celebra a cuarta edición das súas Xornadas Gastronómicas da Filloa a vindeira semana, entre o luns 4 e o venres 8 de marzo.

Os establecementos participantes ofrecerán este produto con elaboración gourmet tanto á hora do xantar como á da cea, en concreto de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas, a un prezo de 2 euros. As xornadas da Filloa foron presentadas na Casa do Concello, nun acto que contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín, o concelleiro de Servizos Xerais, Seguridade e Medio Ambiente, Jesús Sanjuás, e representantes da hostalaría local. O alcalde felicitou aos hosteleiros pola calidade das propostas que van ofrecer e anima á poboación a participar.

O Bar Restaurante O Imprevisto as especialidades que se servirán son Filloa imprevisto e Filloa italiana, no Restaurante Vente Vindo poderanse degustar as filloas Galemar, Galeterra e Galedoce, na Cervexería O Vikingo a proposta leva por nome Mesturance e no Restaurante Vía da Prata a opción será a Panza Chea.

Preludio da XXXVI Festa da Filloa de Lestedo

Estas IV Xornadas Gastronómicas da Filloa son o preludio da XXXVI Festa da Filloa de Lestedo, que se celebrará o domingo 10 de marzo e que combinará a proposta culinaria coa tradición do entroido dos Xenerais da Ulla.

Ademais, desde o 28 de febreiro ata o 9 de marzo o Centro Comercial Compostela – El Corte Inglés acollerá a súa Semana da Filloa, con degustacións durante eses días entre as 13:00 e as 16:30 horas. E no mercado La Galiciana ofrecerán receitas especiais con filloa durante este venres 1 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial