O complexo  Iván Raña en Ordes comeza o curso

0

Ordes, 4 de setembro do 2018 – As instalacións deportivas Iván Raña Fuentes inician a nova tempada de inverno cun programa de actividades dirixido a xente de todas as idades e no que figuran distintas novidades.

Por primeira vez as familias ordenses poderán practicar ioga no complexo Iván Raña, non só os maiores se non que poderan facelo cos seus pequenos con idades entre os 3 e os 7 anos. Outras actividades de estrea son core training e cardiostep. A grande afluencia e aceptación rexistradas nas clases de ioga para deportistas e cross training tradúcese nunha sesión máis á semana (2 en total), o mesmo que aquagym, que pasa a ter unha cada día de luns a venres.

O resto do calendario complétase coas actividades que se veñen dando habitualmente. Estas son acondicionamento físico e sénior, TBC, stretching, tonificación, free dance, Pilates (niveis 1 e 2), hipopresivos, zumba, zumba gold, zumba infantil, ioga, GAP, BEP, cardio box, lombo san e aquazumba 

Cursos de natación

Por outra banda, o Departamento de Deportes do Concello de Ordes anuncia a apertura do prazo de inscrición para os cursos de natación a partir do vindeiro 17 de setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial