займ срочно

IX Ruta BTT Río Ulla

0

Touro, 1 de xuño don 2018 – Os afeccionados ao ciclismo na natureza teñen unha cita na IX Ruta BTT Río Ulla, que terá lugar o próximo domingo, 3 de xuño, a partir das 9.30 horas.

A IX Ruta BTT Río Ulla partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e está organizada polo propio Concello. Os participantes percorrerán 30 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello.

A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, ten unha cualificación de dificultade técnica/física: media/alta. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes.

Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies