Javier Ramilo Queijo gaña o II RallyMix Concello de Touro

0

Touro, 23 de abril do 2018 – Javier Ramilo Queijo, da Escudería Yacar Racing, foi o gañador da segunda edición do rallyMix de Touro, celebrado esta pasada fin de semana.

Javier Ramilo fíxose coa vitoria as mans dun Yacar Cross cun tempo de 30:26.506, sacándolle máis de 20 segundos de diferenza ao segundo clasificado, compañeiro de Escudería, Abel Jurado que competía cun Yacar JS, e 21 segundos ao terceiro,  Alejandro Fariña da Escudería Desguaces Tino Racing, que competía cun Kincar.

Javier Ramilo, primeiro clasificado

Os pilotos de Touro tiveron representación no cuarto lugar. César Garabatos da Escudería Touro Motor finalizaba en ese posto conducindo un Car Cross.

O gañador do II RallyMix, actual subcampión galego e broce nacional, foi o gañador das tres mangas celebradas o sábado e da primera do domingo. A última manga celebrada foi para Alejandro Fariña Núñez, que finalizou terceiro na clasificación xeneral.

Perfecto Calviño vence en carrozados

Abel Jurado, segundo clasificado

En coches carrozados o gañador foi Perfecto Calviño, que correu cun Peugeot 208 proto, e quedou sétimo na clasificación xeral. Este piloto, da Escudería Yacar Racing, empregou 31.48.473 en percorrer as cinco mangas. O segundo de carrozados, Celestino Iglesias da Escudería Desguaces Tino Racing, utilizou un Ford Fiesta conseguindo un tempo total de 32.02.981. Quedou de noveno na clasificación xeral. E o terceiro posto desta categoría levouno Sandra García Cambón, do Yacar Racing, e que utilizou un Peugeot 208. O seu tempo total: 33.11.575.

Perfecto Calivño, primeiro clasificado en carrozados

O II RallyMix Concello de Touro aportou espectáculo ás estradas que conformaron o circuito de arredor de dez quilómetros nos arredores da parroquia de Loxo. Saídas de pista e espectaculares derrapaxes fixeron as ledicias dos miles de afeccionados ao automobilismo que durante a fin de semana se achegaron ata Touro. Participaron 67 equipos cos seus pilotos nesta proba organizada pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo da Xunta de Galicia e do Concello de Touro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2018.  Foi un fin de semana para os amantes do motor. Os organizadores de Touro Motor, que capitanea José Ramón González, destacaron que arredor de 5.000 afeccionados achegáronse ata Loxo durante todo o fin de semana. Destacaron tamén que a proba celebrouse sin ningún incidente reseñable e cunmprindo os horarios previstos “Creemos que foi un éxito dende o punto de vista da organización e tamén da afluencia de afeccionados ao deporte do motor”, destacan dende Touro Motor, una das Escuderías máis dinámicas e con iniciativa de toda Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies