Compostela, 30 de xuño do 2018 – O concerto central da segunda xornada do Son do Camiño deixou un sabor agridoce con moi bos concertos e a decepción dun Jai Kay, lide de Jamiroquai, que non pasa polas súas mellores horas.

Jamiroquai era o prato forte do día de onte. Unha banda moi potente, que funciona como un reloxo suízo, e un cantante, Jai Kai, que sempre fixo bailar ao seu público sendo el o primeiro en moverse. Pero o británico non vive os seus mellores momentos. Desde que ao pouco de saír a venda Automaton, o primeiro disco en sete anos, sufrira unha lesión nas costas o cantante no é o mesmo. Xa desde o ano pasado as críticas aos concertos non eran boas pero a esperanza é, ao parecer, o último que se perde. Jay Kay moveuse o xustiño, os paróns entre cancións non deixaban que o Monte do Gozo acabara de quentarse e a partir da metade da actuación moita xente comezaba a desprazarse a outras zonas do recinto, agardando mellores cousas, cando non marchando xa para casa. A todo esto hai que engadir que os técnicos seguen sen conseguir que o Monte do Gozo soe ben polo que incluso o bo facer dos músicos e as coristas perdéronse na noite.

Probablemente o fiasco de Jamiroquai deixe como gran concerto do día o de Two Door Cinema Club. Os irlandeses si que fixeron saltar á xente e moverse ao son dos seus temas, repetitivos pero consistentes. Residente os precedeu no escenario grande e o ex de Calle 13 ten o seu público, non é prato para todo o mundo pero no Son do Camiño, polo que levamos visto, hai mundo para todos.

A organización afinou no transporte e Tussa, a concesionaria, puxo xente a controlar o acceso e a distribución e percorrido dos autobuses. O resultado era, nas horas de máxima afluencia, unha espera no Horreo de pouco máis de 10 minutos para subirse a un. Si hai que queixarse é do sitio onde os colocan para volver, si os seguen afastando do recinto dentro de pouco pagará a pena volver andando.

Hoxe toca cita con Lenny Kravitz que chega con todo vendido. Non é convinte esquecer que tamén estarán The Last International, Novedades Carmiña, ou un grupo que non deberiades de perder: Leon Benavente, as 22.20 no escenario pequeno.      

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial