займ срочно

O noies Jesús Manuel Veiga Freire, subcampión júnior no Open de España de Taekwondo

0

Noia, 27 de marzo do 2018 – O Concello de Noia felicita a Jesús Manuel Veiga Freire, da Escola de Taekwondo Maniotas, que esta fin de semana logrou o subcampionato de España Júnior de máis de 78 quilos no XVI Open Internacional de España desputado en Alcante.

Jesús Manuel Veiga acadou a prata logo de gañar tres combates e perder na final con Joaquín Francisco Fenollar Hernández, do Deportivo Olímpico, por un axustado 5-4. O concelleiro de Deportes de Noia, Ramón Santos, salienta tamén a gran actuación realizada polos demais integrantes do equipo, onde os cadetes Lucía de la Iglesia e Hugo Trigo acadaron o 6º posto, quedando ás portas das medallas. Pola súa banda, os junior Isaac Blanco e Óscar Ortigueira caeron na primeira rolda. Finalmente, o sénior Alberto Verea e Sara Toucedo acadaron uns meritorios 14º e 10º postos, respectivamente.

O XVI Open Internacional de España congregou no Centro de Tecnificación Pedro Ferrándiz de Alacante a un total de 438 competidores de 47 países e 150 técnicos e árbitros internacionais. Por equipos, Rusia impúxose no medalleiro xeral, seguido por España e Turquía. Na categoría cadete, júnior e poomsaes tomaron parte máis de 1.300 competidores, sendo España a primeira clasificada nas tres categorías.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies