Jesús  Nanclares, do Club Ciclista Padronés, gaña a Volta  Guadalentín

0

Padrón, 28 de maio do 2018 – O Club Ciclista Padronés proclamouse segundo por equipos na Volta Guadalentín quedando o corredor Jesús Nanclares no máis alto do podium.

Jesús  Nanclares coroouse este domingo vencedor da primeira edición da Volta Ciclista Internacional ao Val do  Guadalentín-Trofeo Concellos de Lorca e Porto  Lumbreras, proba de carácter nacional e puntuable para o ranking da  RFEC. A regularidade de  Nanclares, cuarto na primeira etapa e terceiro na segunda, déronlle a vitoria..

O Cortizo- Anova desprazouse este fin de semana a Murcia para disputar  unha volta por etapas nova con sete dos seus mellores corredores: Jorge Montenegro, Jesús  Nanclares, Aser Estévez, Iván  Venter, Gonzalo  Cubino, Raúl García De Mateos e Anxo Lorenzo. Os corredores da escuadra padronesa destacaron nas dúas etapas da rolda murciana e conseguiron ser o segundo mellor equipo da volta así como a vitoria na xeral de  Nanclares, 4º posto para Montenegro e 12º para Raúl García de Mateos.

A canteira, en Carballo

As categorías inferiores do Cortizo- Anova disputaron o sábado o Trofeo  Concello de Carballo. Bruno  Puceiro segue despuntando en categoría infantil e consegue un fin de semana máis a vitoria na súa categoría. Lucas Vázquez foi terceiro en promesas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial