Jorge Tuñas toma posesión por segunda vez como alcalde de Negreira

0

Negreira, 17 de novembro do 2017 – No serán de onte xoves remataba o pesadelo de Jorge Tuñas que retornaba a alcaldía de Negreira despois de 7 meses.

Tuñas dimitira do cargo ao abrirse xuízo por unha denuncia do Partido Popular. O PP presentara esa denuncia hai anos nos xulgados de Negreira pero non fora admitida a trámite. Anos despois volveu a presentar a denuncia e en esta ocasión si se admitiu abríndose finalmente un xuízo hai 7 meses.

Cando no 2015 o Psoe gañou as eleccións Jorge Tuñas comprometeuse con Ciudadanos a dimitir do cargo si se abría xuízo e así o fixo. Quedou no seu posto Manuel Ángel Leís que o mércores dimitía para permitir a volta de Tuñas.

Este verán quedaba listo para sentencia o proceso quedando Jorge Tuñas absolto das acusacións.

Na quenda de intervencións Manuel Hombre, do Partido Popular, dixo estar por responsabilidade e que nunca pediran a dimisión de ninguén

José Manuel López de Ciudadanos explicou que a actitude do seu partido permitiu reparar o honor de Jorge Tuñas e pediu a medios de comunicación e políticos que tomaran nota do sucedido

O pleno o pechou o xa alcalde Jorge Tuñas. Na súa intervención dixo que levaba seis anos esperando este momento

No capitulo de agradecementos quixo lembrar ao seu partido, o Psoe, e ao novo Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, presente no pleno

Pero un dos momentos máis emotivos foi cando lle dou as gracias a Manuel Ángel Leis, o alcalde durante os últimos sete meses, e a Ciudadanos polo comportamento exemplar. Jorge Tuñas quixo tamén advertir que non se pode caer na estratexia do Partido Popular de embarrar a política

Jorge Tuñas tivo tamén palabras para o Partido Popular e explicou que unha das primeiras cousas que fará será pedir unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen en distintas ocasións ao longo de este tempo fixo referencia a súa situación

O salón de plenos estivo cheo e ademais do mencionado Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, puidose ver ao ex alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, ou ao antigo Secretario Xeral da Baña, Enrique Vázquez.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial