José Francisco López Noya, Francés

0

Compostela, 15 de xullo do 2018 – Esta semana Francés, alias do escultor José Francisco López Noya, levaba a Casa do Cabildo a exposición “Compostelaneando a miña fauna, Muller, Xapón Cacto… e Lindeiros.gal aproveitou para falar con el.

Francés naceu en París en 1965 pero vive en Galicia dende os oito anos. No concello de Oroso, en Deixebre, construíu o seu taller e na contorna do mesmo unha exposición de moitas das súas pezas de gran formato. Iniciouse na pintura dende moi pequeno e aos 21 anos comezou os seus estudos na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago, centrando a súa traxectoria profesional na escultura. No seu traballo atopamos aceiro, castaño e a pizarra, moi querida polo autor.

López Noya nos explica de onde sae o alcume de Francés, obvio nacendo en París, e como nace o seu traballo que parte sempre do debuxo

Expoñer en Compostela era algo que lle apetecía e hai un ano que o Consorcio preguntoulle que opinaba da Casa do Cabildo como espazo para unha mostra

En esta exposición atopamos tres das súas teimas máis importantes, a muller, o que cualifica do seu segundo país, Xapón, e os seus cactos, traballos inspirados nas texturas da natureza

Chegou a Oroso por casualidade, precisaba un terreo para construír un taller e atopouno en Deixebre onde ademais de elaborar as súas pezas fai unha intervención nunha carballeira con distintas esculturas

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata mediados do vindeiro mes de setembro. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial