José Lojo  e Paula Mayobre gañan a Pedestre de Oroso

0

Oroso, 23 de abril do 21018 – Oroso acolleu esta fin de semana a sexta edición da Carreira Pedestre do concello, unha proba que pouco a pouco incrementa o número de participantes converténdose nunha das obrigatorias do ano.

A Pedestre de Oroso tivo nos primeiros postos a José Lojo, do club San Miguel de Marín, e Paula Mayobre, do club Clínica Dental Seoane-Pampín. Cun gran ambiente de público e participación, a proba consistiu nun circuíto de cinco quilómetros no que houbo que dar dúas voltas. As persoas que non quixeron competir tiveron a posibilidade de facer unha andaina, dando unha soa volta ao circuíto.

Como é habitual, houbo varias categorías, desde pitufo (nados en 2013 e posteriores) a veteranos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies