займ срочно
[columns]
[column size=”1/3″]”Había certas carencias no concello, durante anos se mirou moito como conseguir votos e habías cousas a nivel administrativo completamente abandonadas”[/column]
[column size=”1/3″]”Eu non podía vir ao concello e poñerme a firmar o que me puxeran diante e marchar despois a traballar ao colexio”
[/column]
[column size=”1/3″]”A pata coxa no Camiño de Santiago é a formación da hostalería, estamos chegando a un nivel preocupante, non é tan importante bater récords como facelo ben”[/column]
[/columns]

A traxectoria política de José Luís García ata esta lexislatura foi de todo menos doada, o mellor será lembrar un pouco todo o acontecido antes de comezar coa entrevista.

En Arzúa existe un edificio con seis plantas que foi construído antes de que José Luís García ou o seu antecesor Xaquín García chegaran a alcaldía, eran os tempos do rexedor do Partido Popular Manuel Moscoso. Dito edificio foi denunciado por non cumprir a legalidade. Despois dun tempo unha sentenza, non apelable, obrigou a derrubar a sexta planta.

Xaquín García, do BNG, faixe coa alcaldía nas eleccións do 2007 e con el entra, como concelleiro de cultura, José Luís García. Cando todo parecía funcionar Xaquín García é inhabilitado durante 6 meses por no cumprir en tempo a sentenza de derribo. 

Coas eleccións do 2011 ás portas modifícase a LOREG, a Ley orgánica del régimen electoral general. Calquera político condeado por delitos contra “a administración pública” non poderá presentarse a unhas eleccións. A modificación do goberno de José Luís Rodríguez Zapatero pretendía impedir que os afines a ETA puideran presentarse. En Arzua o Partido Popular reclama pola candidatura de Xaquín García que, aínda que se tratara de non derrubar un edificio, estaba condeado por un delito contra a administración pública. A Xunta electoral o ten en conta e o declara inelixible polo que o BNG decide que o candidato será José Luís García.

A partir de aquí nada ábrese unha guerra dentro do BNG. Uns din que Xaquín García quería ser contratado como asesor para poder seguir exercendo como alcalde, outros o negan. Todo se enrarece ata o punto de que 4 anos despois, no 2015, José Luís preséntase cun novo partido, Alternativa por Arzúa, co que consegue a maioría absoluta e o BNG queda fora do concello.

Dous anos despois entrevistamos por primeira vez para Lindeiros a José Luís García e comezamos preguntándolle por todos estes anos e por como os lembra

A relación con Xaquín García non só era boa, era de amizade e, como nos, José Luís García pensa que é unha pena que a política acabe coas relacións

José Luís García non estaba moi de acordo con crear Alternativa por Arzúa pero os compañeiros que o acompañaron en todo este difícil camiño foron os que o animaron

Dous anos despois considera que foi unha boa decisión

Arzúa en este 2017 sufre os mesmos problemas que outros concellos, as restricións impostas desde Madrid impiden contratar e iso acaba por converterse nun dos principais problemas ao non poder ofrecer os servizos do mesmo xeito que se facía noutras épocas

José Luís García intentar rematar na actualidade unha etapa que estivo centrada en ordenar administrativamente o concello, como el mesmo di cando acabas o longo proceso de adxudicar un servizo xa outro está caducando e tes que comezar de novo, sabe que non é unha política que de grandes réditos electorais pero o seu grupo considera que era algo moi necesario

Arzúa é unha etapa clave no Camiño de Santiago e preguntamos polas necesidades da ruta, o alcalde pensa que se ten feito moito pero que a administración esqueceu a formación de todos os que de algún xeito viven del

Recentemente disputábase nos concellos de Touro, O Pino, Boimorto e Arzúa o Rally Terra da Auga, unha vez superadas as dúbidas sobre a seguridade José Luís García o valora de xeito moi positivo, de xeito especial porque supuxo a colaboración de catro concellos

A gran cita cada ano en Arzúa é a Festa do Queixo, cada vez son máis as asociacións que queren colaborar co concello e iso abre a porta a que ao longo do ano se manteña ese traballo conxunto, algo que ata o de agora non se daba en Arzúa

José Luís García é mestre e cando se lle pregunta por si vota de menos a educación di que cada día. En calquera caso considera esta etapa como un momento de aprendizaxe do que sairá sabendo un pouco máis

O actual alcalde de Arzúa transmite serenidade cando un fala con el, un acaba por ter a sensación de que no seu caso o tópico da resignación galega convértese no convencemento de que as cousas son vistas dunha determinada maneira sexan as que sexan as razóns polas que se fan. José Luís García demostra que é mellor ter claro o que hai que facer e facelo, aínda que desde fora pareza que se camiña lento as veces a realidade e que se camiña por sitios novos e polo tanto o avance é máis importante.
As cuestións complexas, como o famoso edificio pendente de derrubo, seguen aí pero polo menos a estabilidade que Alternativa por Arzúa trouxo ao concello da a sensación de permitir afrontalos de xeito máis sereno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies