займ срочно
[columns]
[column size=”1/3″]”Os concellos (no tema do parque de bombeiros) non temos absolutamente nada que dicir excepto que queremos que se nos cubra o servizo”[/column]
[column size=”1/3″]”Quédanos a ampliación do colexio [] e o concello en si necesita un Auditorio e estamos traballando en eso”[/column]
[column size=”1/3″]”As grandes empresas como é o caso de FCC teñen un poder tremendo, teñen uns equipos de avogados que pode ser 10 veces o que teñen os concellos”[/column]
[/columns]

Hai tempo que Brión vive axeno a grandes polémicas ou proxectos complexos. José Luís García e un dos alcaldes que conseguiu manter ao seu concello a salvo dunha especulación urbanística masiva e si é certo que tamén tivo os seus problemas estiveron moi por debaixo da media da bisbarra.

Falamos con José Luís García cando parece que poden comezar a pasar cousas, cando o traballo realizado vese claramente pero tamén cando se pode falar de proxectos no horizonte. Boa mostra de esta situación é o pleno que tivo lugar o pasado mércores e no que se aprobaba unha modificación dun plan parcial encamiñada, en certo modo, a abrir a posibilidade de que cheguen ao concello novos proxectos e por esta cuestión comezábamos a conversa.

Pode que este cambio e a intención de buscar inversións indique que algo está cambiando, José Luís García o cre así e de feito xa pensan e proxectos algo máis complexos de levar a cabo

En todo isto a aparece de novo o problema da chamada Lei Montoro, a absurda situación de ter superavit e non poder usalo, pero pode que o cambio na secretaría do Psoe obrigue a cambiar esta e outras normas

A estabilidade no concello permitiu que José Luís García asumira as responsabilidades de promoción económica e emprego na Deputación de A Coruña. Desde alí creouse o Plan Único que, pese a unha pequena polémica sobre si se reparten as mesmas cantidades que cos distintos plans que existían antes, parece contentar a todo o mundo

Esta nova modalidade de axudas pode que non teña volta atrás, os primeiros meses de funcionamento fan pensar que será difícil que un futuro goberno na Deputación teña a tentación de cambialo de novo

Pero a área máis complexa das que xestiona José Luís García é a de emprego, probablemente a principal preocupación non só da Deputación se non tamén de todo o mundo

Sen dúbida o tema do que se falou máis nos últimos tempos foi o parque de bombeiros para a comarca, del e da reunión na que Compostela non foi invitada, del e dos modelos axeitados, del e do custo… un tema no que José Luís García ten unha posición complicada xa que ten que diferenciar o rol de alcalde e o de representante da Deputación no Consorcio antiincendios

O outro tema que leva de cabeza a varios concellos e a recollida de lixo e os conflitos entre Lousame e FCC. As diferenzas de criterio a hora de decidir si a aviría dun camión é mantemento ou reposición demostra que as grandes compañías prefiren os litixios que o traballo ben feito. José Luís García recoñece que si volvera a facer a adxudicación posiblemente non sería do mesmo xeito

Rematamos falando de cultura xa que hai uns días remataba tamén a doceava edición dos Encontros coa Arte. Cultura e deporte base foron fundamentais na xestión dos últimos anos e o proxecto de construír un novo auditorio indica que seguiran así nos próximos anos

José Luís García leva moitos anos en política no concello de Brión, xa poucos lembran que comezou como independente antes de integrarse no Psoe. Conseguiu unha brigada de obras e un grupo de Protección Civil que son a envexa da bisbarra aínda que curiosamente ninguén aprendeu nada diso. Mantivo ao concello dun xeito máis que razoable nas peores épocas e toda esa experiencia a leva agora a Deputación, o tempo dirá se consegue os mesmos éxitos pero sen duda a situación do seu concello é un bo precedente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies