займ срочно
[columns]
[column size=”1/3″]”Temos abertos múltiples contenciosos administrativos por decisións que consideramos ilegais ou nulas de pleno dereito como din os informes”[/column]
[column size=”1/3″]”Superamos os 40.000 viaxes en autobús de veciños de Ordes cara a Santiago ou Coruña tendo unha soa liña, si conseguimos aumentalas co novo plan será un avance moi importante”[/column]
[column size=”1/3″]”A marcha dos non adscritos foi unha operación que estivo controlada en todo momento por UXO, non nos cabe ningunha dúbida”[/column]
[/columns]

Ordes vive momentos complexos no político. A marcha de dous concelleiros do equipo de goberno á bancada dos non adscritos deixou a un goberno, xa antes en minoría, nunha situación na que chegar a acordos e aprobar medidas nos plenos convértese nun reto mensual.

A falta de entendemento da oposición, as limitacións que impón a Lei Antitransfugismo que reduce a metade o valor dos votos dos non adscritos, e, sobretodo, unha desconfianza labrada durante moitos anos entre os concelleiros fan que nada se concrete e, como dicía unha vella canción, “la vida sigue igual”. Pode que o ultimatun do BNG, poñendo data límite para as estratexias no 22 de este mes, serva para deixar fora do concello as liortas políticas.

De todos xeitos Lindeiros fala co, a día de hoxe, alcalde de Ordes para coñecer tamén o que opina de todo isto pero sobre todo no que traballa.
Comezamos preguntando pola situación en xeral, pola marcha dos concelleiros non adscritos e o que supón para o equipo de goberno

A oposición intentou impoñer unha serie de medidas que o goberno de José Luís Martínez non quixo levar adiante aínda que foron aprobadas en pleno, os informes dos técnicos abalan a postura do alcalde

Pero pase o que pase hai que seguir traballando e o concello ven de aprobar unha inversión cercana ao medio millón de euros en 3 obras moi importantes

Ordes ten unha situación privilexiada pola equidistancia con Coruña e Santiago, o Camiño Inglés e a futura Vía Verde poden facer da vila un punto estratéxico

Esa situación do concello de Ordes fai que estea incluído nas áreas de transporte metropolitano de Coruña e Santiago. Para José Luís Martínez o novo plan é unha oportunidade de mellorar o servizo

E rematamos a conversa preguntándolle polas festas que comezan este mesmo domingo

Quedan apenas dous anos para as vindeiras eleccións pero non parece que o alcalde de Ordes vaia cambiar o despacho pola bancada da oposición. En calquera caso o traballo, con máis ou menos dificultades, ten que continuar e en Lindeiros o seguiremos contando cada día.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies