займ срочно

José Luís Rodríguez Zapatero nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 8 de xuño do 2019 – O Ateneo muda os Luns de charlas ao Hostal dos Reis Católicos para recibir ao ex presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero.

A cita será a mesma hora, oito da tarde, e Zapatero dará unha conferencia co título “Democracia e diálogo”. Trátase do primeiro acto na cidade desde que deixara Moncloa, a expectación creada por este acto é o que obrigou a mudalo a un auditorio con maior capacidade que o habitual da rúa do Vilar.

Rodríguez Zapatero, Licenciado en Dereito na Universidade de León en 1982, destacou pola súa capacidade para limar as discrepancias ideolóxicas e persoais entre os seus compañeiros e sosegar os ambientes crispados, o que o levou a ser elixido para a Secretaría Xeral da Federación Socialista Leonesa (FSL) en 1988 e Secretario Xeral do PSOE en 2000. Tras ganar as eleccións de 2004, converteuse no quinto Presidente do Goberno da democracia, constituíndo  por primeira vez na historia de España unha Executiva paritaria entre homes e mulleres. Entre as medidas adoptadas durante o seu mandato destacan a Lei contra a Violencia de Xénero, a Lei de Memoria Histórica, a Lei de Dependencia, a que posibilita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou a proposta da iniciativa internacional da Alianza de Civilizacións, adoptada como programa oficial polas Nacións Unidas, así como o acordo para o financiamento autonómico. Actualmente é presidente do Foro da Contratación Socialmente Responsable, dende que foi nomeado en 2016.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies