José Miguel Couselo, xefe de oncoloxía pedriática do CHUS, Fillo Predilecto de Oroso

0

Oroso, 27 de xullo do 2018 – O Pleno ordinario de xullo do concello de Oroso aprobou por unanimidade nomear Fillo Predilecto ao doctor José Miguel Couselo.

José Miguel Couselo Sánchez é natural de Oroso e xefe da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS). O acto de homenaxe terá lugar en outono e ademais lle será imposta a Medalla de Ouro do concello pola súa traxectoria profesional e a súa vinculación permanente con Oroso.

José Miguel Couselo, esquerda, co alcalde de Oroso, Manuel Mirás, na andaina solidaria

En palabras do alcalde, Manuel Mirás “Poucas veces tivemos un recoñecemento tan merecido, José Miguel é un médico moi prestixioso e unha grandísima persoa”. O homenaxeado participa de forma asidua en actividades organizadas ou nas que colabora o Concello de Oroso, como a andaina solidaria do pasado mes de xuño en favor de Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies