Falamos co alcalde de Ames, José Miñones, a pouco máis dun ano das eleccións municipais. O seu goberno pode considerarse o primeiro dunha nova etapa na que se multiplican o número de partidos, que chegan ata 7 distintos, e na que as maiorías teñen que argallarse a base de consenso. Esta necesidade de acordos chega ata un punto en que o goberno que Miñones conseguiu formar, traballou en minoría pese a estar formado por tres forzas distintas.

A entrevista con José Miñones nace cun feixe de temas ben distintos que van desde os comedores escolares ata a depuradora de Santiago ou a inversión dos cinco millóns de euros dos fondos DUSI da Unión Europea. Comezamos, de todos xeitos, pedíndolle unha valoración de estes case 3 anos de xestión

Comezamos a falar de outras cuestións que están enriba da mesa. Os comedores escolares en xeral, e a falta de prazas en particular, motivou as queixas das ANPAS do concello que piden máis transparencia na xestión e que ninguén quede sen praza. Miñones asume que a oferta e menor que a demanda pero cre que antes de nada hai que definir o servizo que prestan os comedores, si complementario ou de conciliación. O rexedor lembra tamén que non se pode contratar mais persoal para cociñas sen unha autorización do ministerio xa que é un servizo municipal. E, nunha longa explicación, incluso fala da posibilidade de municipalizar o servizo si se acorda entre todos

José Miñones recoñece que a concellaría de educación é unha das máis complicadas. Non se trata só da escolarización se non dos servizos complementarios que se dan e que son os que fan que a xente queira vir a vivir ao concello

Aproveitamos que estamos a falar da problemática do Milladoiro para conversar sobre a xornada de mobilidade realizada recentemente. A sensación que quedou de que a bisbarra de Santiago necesita de solución propias vese corroborada polos técnicos que lle explicaban ao alcalde, ao remate das sesións, que unha casuística como a de Ames non existe en ningún sitio

Outro dos temas recorrentes, e urxentes, e a depuradora de Compostela que afecta directamente a Ames. José Miñones ten claro que a solución aportada por Compostela Aberta de ampliar as instalacións da actual é a que se ten que aplicar

Un dos temas de debate habituais na bisbarra é a municipalización da xestión da auga. En Ames, explica o alcalde, deuse un paso moi importante en esa liña co cambio de modelo de contrato coa empresa concesionaria xa que agora os datos de consumo e gasto están en mans do concello por primeira vez e polo tanto pódese facer unha valoración máis clara do que pode supor asumir o servizo

Recentemente foron aprobados os orzamentos cun amplo consenso xa que ao apoio de Ames Novo sumouse o do concelleiro non adscrito Javier López. O problema coma sempre é que, coma en outros concellos, nunca se aproban en tempo. O alcalde quere traballar para que o seguinte sexa aprobado en decembro

Para rematar preguntamos polos fondos Dusi. Cinco millóns de euros poden dar para cambiar a faciana dun concello e quixemos saber en que punto está o uso de eses fondos e cales serán os seguintes pasos

Ames é un concello que daría para falar durante horas xa que gran cantidade de temas que tratar está a complexidade dos mesmos. José Miñones da a sensación na conversa de ter bastante claro o que quere facer de aquí a final da lexislatura pero é tamén moi consciente da necesidade de falar moito e de falar con todos. Os finais de lexislatura son as veces os momentos nos que os gobernos municipais rematan moitas cousas ou poñen as bases de cara aos seguintes catro anos, veremos que nos deparan os seguintes meses en este municipio.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial