A Cámara de Comercio de Compostela viviu nas últimas semanas un dos cambios máis importantes da súa historia. Despois de 20 anos de presidencia Jesús Asorey era sustituido ao fronte do organismo por José Sierra. A Cámara pasou en estes anos por un dos momentos máis complicados cando no 2010 cambiaba a normativa que obrigaba as empresas a pagar unha cuota, a entidade tiña que reformarse nun ente autofinanciado nun momento económico moi complexo.
Lindeiros fala co novo responsable da institución José Sierra para coñecer as primeiras impresións unha vez tomada posesión do cargo. Sierra, natural de Viveiro, é o fundador de Urovesa, unha empresa que pasou dos 10 empregados cando se instalaba no polígono do Tambre e mediados dos 80 a case 300 que ten na actualidade. Aínda que segue vinculado á compañía, desde hai cerca de dous anos está dirixida polo seu fillo Justo Sierra. É polo tanto un empresario experimentado cun enorme cariño a Galicia.
A decisión de presentarse a presidente da Cámara nace, en certo modo, polo agradecemento que José Sierra ten cara a entidade e o apoio recibido na internacionalización da súa empresa
O equipo anterior tivo que encargarse dun cambio estrutural na Cámara de Comercio, unha adaptación que se completa coa renovación da directiva que terá que buscar a sostenibilidade
Sierra se lamenta da perda de imaxe das cámaras en xeral. Lembra o moito que aporta a nivel social e a importancia que ten para a cidade. Explica que algunhas das oficinas de servizo público instaláronse no seu día pola presenza da Cámara en Compostela
A Cámara é non só de Compostela xa que o territorio que atende vai desde Melide ata o Barbanza. Un espazo no que a entidade perdeu visibilidade por non poñer en valor o traballo que facía
Vivimos un momento no que estase a rematar a reticencia a unirse. O asociacionismo, veciñal ou empresarial, e algo que crece cada día. José Sierra e consciente da forma de ser dos galegos pero considera que aquí iso tamén está cambiando
Unha das queixas recorrentes das empresas e a excesiva complexidade coa administración, a burocracia. O novo presidente non entra a valorar algo que considera parte do traballo que hai que facer aínda que as veces fora preferible que resultara mais sinxelo
Dous son os principais retos do ente cameral en esta nova etapa. Por un lado conseguir unha sostenibilidade que de estabilidade ao traballo que se fai e por outro facer visible todo o que aporta a cidade
A Cámara é unha peza fundamental na internacionalización das empresas. É algo que viviu en primeira persoa José Sierra e que considera unha das partes fundamentais do traballo da organización
Rematamos a conversa falando da relación coas administracións. O novo presidente explica que é un tema no que se está comezando pero a intención é que sexa boa para as partes
José Sierra é sobre todo experiencia e prudencia. Falar con el é aprender de alguén que pasou os mellores e os peores momentos para a empresa e para os empresarios. Esa biografía e o equipo do que se rodeou serán os que definan os próximos anos dunha das institucións máis importantes da bisbarra.
A nova Cámara
A nova directiva Cameral está formada por un grupo de empresas entre as que se atopan algunhas das máis importantes da bisbarra e de toda Galicia. Ademais de Urovesa, da que segue sendo presidente de honor José Sierra, están Feiraco, Televés, Espina y Delfín, Informática El Corte Inglés, BCL Economistas, Financiera Maderera (Finsa), Salgado Facility Services, Carrocerías Tambre, Tórculo Comunicación Gráfica, Ediciones Bolanda, Instituto Oftalmológico Francisco Gómez Ulla, Artesanos del Aluminio (Arteal), Sistemas de Seguridad A1, Tratamientos Medioambiental de Vehículos (Trameve), Delta Telecom Global, Logrosa Soluciones, Casty Romer, Abanca, Congelados José Bermúdez, Delta Telecom Global, Actemsa, Freire Chico y Gasolinas, Lubrificantes y Repuestos (Galuresa).