займ срочно

Juan Pablo Fernández Rodrígues gaña a IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

0

Touro, 19 de decembro do 2016 – Máis de 200 corredores participaron na IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro.

imaxe da saía da porba celebrada en TouroJuan Pablo Fernández Rodrigues, natural de Teo e do Club Atletismo Santiago, fíxose coa IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, cun percorrido de dez kilómetros. Foi o campión masculino na categoría absoluta.

O segundo posto ocupouno Alberto Rodríguez Pérez; do Club Atletismo Sar de Padrón; e o terceiro: José Manuel Penas Varela, do Club Cerne da Coruña.

Na categoría femenina a primeira corredora en chegar a meta foi María José Grobas Graboa, do Club Atletismo Boimorto. O podio foi completado por María Dolores Munín García (2ª), natural de Sigüeiro e independente; e por Pilar Gómez Otero (3ª), de Teo e do Clube Tartarugas.

A proba comenzou puntual. Ás 16.50 horas os organizadores deron a saída oficial brillando o sol durante todo o percorrido. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz.

Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das demáis categorías. A organización, que ofreceu unha camiseta a todos os participantes, entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. También tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias.

Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies