O actual Reitor, Juan Viaño, preséntase a reelección

0

Compostela, 7 de marzo do 2018 – Juan Viaño, actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, anunciou a súa intención de presentarse por segunda vez ás eleccións que se celebran o vindeiro 23 de abril.

En dous actos públicos, en Santiago e Lugo, o profesor Viaño explicou os catro eixes dun novo proxecto que permita continuar coa evolución positiva da universidade compostelá. Para o actual reitor é fundamental afrontar a terceira década do século XXI asumindo os cambios que require a sociedade dixital actual, especialmente a través da transformación do modelo de xestión das persoas, da transformación cultural, da transformación organizativa e da transformación tecnolóxica.

O Catedrático o explica do seguinte xeito “Quero a transformación dixital da USC desde o máis importante, as persoas, reforzando a nosa misión: a docencia, a investigación e a transferencia”. Ademais, asegurou que é preciso actualizar a visión de futuro da institución universitaria, despois de lograr superar con éxito os retos propostos hai catro anos “Quero a transformación dixital da USC para actualizar a nosa visión de futuro: unha universidade á vangarda da sociedade dixital onde se comprobe día a día o noso traballo pola sociedade e se nos recoñeza cada un dos esforzos que todas e todos facemos”, afirmou.

No acto, Viaño tamén tivo a oportunidade de destacar os importantes logros do mandato que agora remata e que “se converteron nos alicerces imprescindibles para construír a USC que a sociedade precisa”. Referiuse especialmente á recuperación económica da institución, ao inicio do novo proxecto da nova facultade de Medicina e Odontoloxía, e aos novos títulos que a USC acadou dentro do novo mapa de titulacións. Tamén se referiu á aprobación do plan estratéxico de internacionalización, ao novo plan de xestión dos institutos de investigación e á posta en marcha do Campus da Cidadanía. Por último, destacou a consecución do selo de excelencia investigadora HRSR4.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies