займ срочно

Juan Viaño, reitor da USC,

0

Quedan apenas poucos meses para que a Universidade de Santiago de Compostela viva un proceso electoral, é un bo momento para falar co actual reitor, Juan Viaño, e saber que conclusións podemos tirar desta lexislatura.

Hai tres anos, no Nadal do 2014 falabamos con el para o xornal en papel. En aquela entrevista, que podedes ler aquí, centrabámonos máis no profesor que hai detrás do cargo e na persoa que hai detrás do profesor. En esta ocasión repasamos o traballo feito en estes tres anos desde aquela conversa.

 

[columns]
[column size=”1/2″]Comezamos pedíndolle unha valoración que provoca unha resposta que se estende por moitos dos fitos conseguidos, queda claro na resposta cales eran as prioridades as que se dedicaron os esforzos. En primeiro lugar superar unha situación económica moi complexa

A continuación a reorganización dos distintos departamentos da universidade

E en terceiro lugar curar as feridas dun proceso tan complexo e acometer os cambios no persoal administrativo

[/column]
[column size=”1/2″][/column]
[/columns]

 

[columns]
[column size=”1/2″]O logro máis importante do equipo de Juan Viaño é conseguir a normalización do traballo, volver a unha Universidade sen crispacións

Todo o proceso non estivo exento de friccións, especialmente cunha parte do profesorado, problemas que pouco a pouco vanse resolvendo

Non menos importante é a presenza da Universidade na escola. Trátase de dar a coñecer a labor da institución, algo que pode influír a medio prazo no número de alumnos que, polo de agora, manténse

[/column]
[column size=”1/2″][/column]
[/columns]

O traballo realizado vese reflectido na posición que a institución ocupa nos rankings internacionais. Dita posición, como explica Juan Viaño, indica que temos máis probabilidades de acceder a estudos nunha das 200 mellores universidades do mundo que xente de países máis avanzados

 

[columns]
[column size=”1/2″]A relación coas outras universidades tamén mellorou en estes anos e agora forman un fronte común

Juan Viaño tamén valora positivamente a relación co resto das institucións aínda que recoñece que en certos temas, o campus vida en concreto, gustaríalle que as cousas foran máis rápido       

Aínda faltan uns meses para entrar en período electoral pero non cabe duda que é algo no que xa se pensa

[/column]
[column size=”1/2″][/column]
[/columns]

Juan Viaño fala de conseguir unha universidade máis áxil, máis eficiente e máis adaptada aos novos retos tecnolóxicos, ese sería o camiño no caso de continuar como reitor

Tres anos despois segue tendo mente matemática, nótase nas respostas que son sempre unha exposición ordenada e clara como unha ecuación. O camiño avanzado en esta lexislatura foi enorme pero Juan Viaño o explica de xeito sinxelo, fala das decisións tomadas como si non houbese outras posibles. Do mesmo xeito fala do camiño a seguir nos próximos anos, un camiño marcado en parte por plans plurianuais creados en esta lexislatura. Si será el ou outra persoa a que teña que xestionar esa senda o saberemos na primavera.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies