займ срочно

A tenda KNT acolle unha fase clasificatoria do torneo nacional de Catán

0

Compostela, 11 de maio do 2017 – A tenda especializada en informática e xogos de mesa KNT acolle unha proba do campionato nacional de Catán.

Catán é un xogo de mesa que se converteu nun fenómeno mundial despois de que o inventara en Alemania por un dentista retirado.

Alemania é a meca dos xogos de mesa e cada ano entréganse premios aos mellores, Klaus Teuber xa deseñara varios pero nunca conseguira entrar en ese nivel no que atopamos ao Monopoly, o Trivial ou o Risk ata que creou Catán.

Catán é un xogo no que se combina a estratexia, a capacidade de negociar e o azar mentres os xogadores tratan de colonizar unha illa rica en recursos naturais.

Aínda que o xogo ten numerosas ampliacións as partidas disputaranse no taboleiro básico. A inscrición e de balde pero está limitada a 18 persoas polo que é preciso inscribirse enviando un correo electrónico a knt@knt.es indicando no asunto Torneo Catán.

Todos os inscritos terán un agasallo e o gañador recibirá un xogo San Juan obsequio de Devir Iberia e terá unha praza no Campionato nacional que se celebrará en Madrid o 15 de xullo.

A cita para esta fase clasificatoria é o próximo sábado 13 de maio a partir das 17.30 no local situado en Romero Donallo 17 entrechán de Compostela

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies