займ срочно

A viola de Krzysztof Chorzelski soa hoxe coa Real Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 11 de maio do 2017 – A Real Filharmonía de Galicia actua as oito de esta tarde no Auditorio de Galicia acompañada polo viola polaco Krzysztof Chorzelski e baixo a batuta de Diego García Rodriguez.

O concerto comezará con Murmurios do bosque, a pasaxe máis popular da ópera Sigfrido do compositor romántico alemán Richard Wagner (1813-1883). No segundo acto, Sigfrido, o heroe, tras conseguir derrotar ao dragón que custodia o tesouro do Rhin, descansa  baixo unha árbore, entre os murmurios do bosque. É un dos cadros máis bonitos de Wagner, unha escena idílica á que o propio compositor referiuse como “a melodía dos bosques captada e feita poesía”.

A continuación o público terá a oportunidade de escoitar o Concerto para viola de Penderecki (1933), que nesta ocasión será interpretado polo viola polaco Krzysztof Chorzelski, que desenvolve unha diversificada carreira como intérprete por todo o mundo. Toca con regularidade nas salas máis importantes como o Wigmore Hall de Londres, Konzerthaus de Viena, Concertgebouw de Ámsterdam, Châtelet de París, Philarmonie de Berlín ou Carnegie Hall e Lincoln Center de Nova York. As súas gravacións reciben os galardóns máis prestixiosos do campo  da música de cámara. 

Krzysztof Chorzelski é profesor de viola na Guildhall Scholl de Londres e regresa con frecuencia a Polonia para impartir clases na Academia Chopin e na Escola de Música Elsner. Ofrece habitualmente clases maxistrais de viola e música de cámara en Suíza, Polonia, Romanía, Israel e Colombia. Tamén estudou dirección de orquestra.

O concerto continuará coa obra Blumine do compositor postromántico Gustav Mahler (1860-1911). E finalizarán con Jenufa Rapsodia do checo Leos Janácek (1854-1928).

O público de Santiago poderá manter un encontro previo co director galego Diego García Rodríguez as 19.45 na sala Mozart presentando a entrada do concerto.

Diego García Rodríguez é natural de Escarabote, no municipio coruñés de Boiro. Despois de obter o Máster en Dirección de Orquestra na Escola Superior das Artes de Zúric, continuou a súa formación no Reino Unido, onde dirixiu obras como Madama Butterfly e As vodas de Fígaro. Traballa con regularidade con orquestras en España, Inglaterra, Francia, Suíza e Polonia.

No campo operístico debutou como director musical no Teatro Real en 2015 coa produción Hansel e Gretel de Humperdinck. Dirixiu a estrea mundial de It makes non difference…, ópera de cámara do compositor italiano Simone Spagnolo no festival Tête à Tête en Londres; Carmen de Bizet en Opéraa Baltycka de Gdansk (Polonia); así como a produción do Centro Dramático Galego A ópera dous tres reás, con dirección escénica de Quico Cadaval e protagonizada por Luís Tosar; ademais de senllas producións do barbeiro de Sevilla e Rigoletto no Teatro Vitoria Eugenia e no Kursaal de San Sebastián.

É o director artístico e musical do Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble co que desenvolve unha intensa actividade a favor da música contemporánea e a colaboración con outras disciplinas artísticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies